CONCERTO SOLIDARIO OURENSE 2026 POLA CRISE DE REFUXIADOS EN SUDÁN

O 28 de febreiro, no Liceo de Ourense, terá lugar o CONCERTO SOLIDARIO polos e as refuxiadas do guerra de Sudán. Unha iniciativa solidaria que se fai grazas ao compromiso, o esforzo e a implicación do equipo de voluntariado de Oxfam Intermón.

OXFAM INTERMÓN EN VIGO

Recaudado:

€0
0%
Quedan 238 días
Objetivo: €1,500
0 Donaciones

CONCERTO SOLIDARIO REFUXIADAS DA GUERRA EN SUDÁN

CONCERTO LÍRICO SOLIDARIO: Emerxencia Sudán
Ourense, 28 de febreiro de 2026

O equipo de voluntariado de Oxfam Intermón en Vigo organiza este evento para recadar fondos que apoiarán á poboación sudanesa que foxe da guerra e a fame, destinando os beneficios aos proxectos de axuda humanitaria nos campos de refuxiados de Sudán do Sur e Chad.

Por que a túa axuda é vital?
Millóns de persoas cruzan as fronteiras en busca de seguridade. Oxfam Intermón traballa sobre o terreo proporcionando:
  • Auga potable e saneamento: Instalacións básicas para previr enfermidades
  • Seguridade alimentaria: Entrega de efectivo para alimentos e kits de medios de vida (sementes e ferramentas)
  • Asistencia directa: Apoio en zonas críticas como o Alto Nilo (Sudán do Sur) e as provincias de Sila e Ouaddaï (Chad)
O Elenco
Goza dunha velada inesquecible no prestixioso Salón Nobre cos seguintes artistas
  • Cristina Barriga (Soprano)
  • José Antonio Campo (Tenor)
  • Blanca Vázquez (Pianista)
Información do Evento
  • Lugar: Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 9)
  • Data: Sábado, 28 febreiro 2026. Hora: 19:00 h
  • Entrada solidaria: 15 €. Fila Cero: 10 € para quen desexe colaborar sen asistir
Puntos de venda:
  1. Liceo de Ourense
  2. Tenda de Comercio Xusto (Rúa Triunfo, 4, Vigo)

Queremos agradecer de corazón a xenerosidade dos artistas e a colaboración do Liceo de Ourense por facer posible este acto.

Esperámosvos para transformar a música en esperanza!