9 XANEIRO CONCERTO -INICIATIVA CAPTACION OXFAM INTERMÓN EN VIGO: Concerto solidario por PALESTINA
Desde o equipo de voluntariado de Oxfam Intermón en Vigo contribuímos á campaña de recadación de fondos para os programas de axuda humanitaria e de emerxencia en tantas crises esquecidas, que afectan cada vez a máis persoas.
ACTIVIDADES SOLIDARIAS DE CAPTACIÓN CURSO 2025-26
CONCERTO LÍRICO SOLIDARIO POR PALESTINA
NOVA DATA:
9 de Xaneiro, 19:30 h.
Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo
A MÚSICA APRÁZASE, PERO A NECESIDADE E O noso TRABALLO HUMANITARIO EN PALESTINA CONTINUA
Xa ingresamos na emerxencia de Gaza e Cisxordania os 3.590 €
achegados coas entradas e a Fila 0 deste concerto, grazas á solidariedade de
máis de 240 persoas. Moitas grazas!!
Celebraremos un Concerto Lírico en favor da poboación coa
que traballamos en PALESTINA (Franxa de Gaza e Cisxordania).
Co Tenor ENRIQUE MARTÍNEZ, a Soprano ANNA MÉLIKOVA, o
Barítono ELISEU MERA, Barítono, e SEVERINO ORTIZ ao piano.
Prezo 15 € / Fila 0: 10€ na Tenda de Comercio Xusto de Oxfam
Intermón (Rua Triunfo, 4).
TODO UN ÉXITO! MOITAS GRAZAS!!
Jan 13, 2026, 9:15:36 AMOnte celebrouse en Vigo o Concerto Lírico aprazado en favor da poboación coa que traballamos en Gaza e Cisxordania. Grazas á magnífica actuación do tenor Enrique Martínez, a soprano Anna Melikova, ao barítono Elíseo Ortiz e ao pianista Severino Ortiz puidemos gozar dun concerto extraordinario. Moi orgullosas e agradecidas pola vosa colaboración desinteresada. Grazas tamén ao Conservatorio Superior de Música en Vigo pola súa colaboración e a todas e todos vos por asistir. Ata a próxima.





NOVA DATA: 9 de Xaneiro, 19:30 h.
Dec 30, 2025, 9:56:51 AM
APLAZADO EL CONCIERTO
Dec 12, 2025, 4:39:45 PMPor enfermidade dos artistas, vímonos obrigados a APRAZAR o Concerto solidario con Palestina previsto para o venres 12 de decembro. Estamos a traballar para buscar unha nova data. Agradecenos moito o compromiso de todos e todas os músicos. E desde Oxfam Intermón pedímosvos desculpas polo posibles invonvenientes que vos poida supoñer este aprazamento. Se alguén quere que se le reembolse o prezo da súa entrada, porfavor pasarvos pola tenda de Oxfam Intermón (Rua Triunfo, 4) de Vigo, coa entrada orixinal. MOITAS GRAZAS!

CONCERTO LIRICO POR PALESTINA
Nov 10, 2025, 4:35:37 PMVenres, 12 de decembro a las 19:30h. no Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Prezo 15 € / Fila 0: 10€ na Tenda de Comercio Xusto de Oxfam Intermón (Rua Triunfo, 4).
